Subvencións

Nós encargámonos de explicarchas e poñelas en marcha contigo.

Subvencións galicia

Como funcionan as subvencións?

As subvencións son axudas económicas públicas destinadas a apoiar a empresas, autónomos e comercios para mellorar, modernizar ou facer crecer o seu negocio.

Normalmente proceden de organismos públicos (como a Xunta de Galicia, o Estado ou fondos europeos) e cobren unha parte do investimento que realizas en áreas como a dixitalización, a innovación, a sustentabilidade ou a modernización do teu establecemento.

Subvencións galicia plazo b

Proceso para solicitar e obter a axuda

Solicitar unha subvención non ten por que ser complicado nin cheo de papeleo infinito.
En Díxome acompañámoste en todo o proceso.
Ti só tes que contar connosco; do resto, ocupámonos nós.

Imaxe de Subvencións – Díxome Galicia

Cóntanos o teu caso

Facilítanos os teus datos e explícanos que necesitas. Sen líos nin papeleo innecesario.

Imaxe de Subvencións – Díxome Galicia

Analizamos se encaixas na subvención

Estudamos a túa situación, a túa actividade e os requisitos da axuda vixente.

Imaxe de Subvencións – Díxome Galicia

Definimos a mellor solución para ti

Propoñémosche a actuación que mellor se adapta ao teu negocio e á subvención dispoñible.

Imaxe de Subvencións – Díxome Galicia

Xestionamos a solicitude da subvención

Encargámonos de preparar e presentar toda a documentación necesaria.

Imaxe de Subvencións – Díxome Galicia

Executamos o proxecto

Levamos a cabo o traballo subvencionable e acompañámoste durante todo o proceso ata a súa xustificación.

Subvencións que xestionamos

VIXENTE

Kit Dixital 2026

Ata 3.000€ para dixitalizar o teu negocio.

Programa do Goberno de España para impulsar a transformación dixital de autónomos e pequenas empresas.

Ata o 100% do
investimento subvencionable

*Aplican determinadas condicións.

VIXENTE

Bono Autónomo 2026

Ata 7.000€ para dixitalizar o teu negocio.

Axuda da Xunta de Galicia para apoiar a consolidación de autónomos e pequenas empresas a través da dixitalización.

Ata o 60% do
investimento subvencionable

*Aplican determinadas condicións.

FINALIZADA

Axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local (CO300C)

Axuda da Xunta de Galicia para impulsar a dixitalización, modernización e sustentabilidade do pequeno comercio.

Ata o 80% do
investimento subvencionable

*Aplican determinadas condicións.

Contacto

Falamos? Cóntanos que necesitas

Déixanos os teus datos e respondémosche en menos de 24 horas laborables, sen compromiso.

Protexido por reCAPTCHA de Google: aplícanse a súa Política de privacidade e os seus Termos do servizo.