O PMS deseñado para albergues que simplifica
a xestión diaria de camas, reservas e grupos desde
unha única plataforma.
O software ALÓXAME ALBERGUES foi desenvolvido exclusivamente para responder ás necesidades deste tipo de establecementos.
Xestiona reservas, camas, habitacións compartidas, check-in, facturación e moito máis desde unha única plataforma, optimizando o traballo diario e mellorando a experiencia tanto dos hóspedes como do persoal.
Cada aloxamento ten unha operativa distinta, por iso os nosos plans son flexibles, escalables e configurables seundo o tamaño do negocio, os módulos necesarios e o nivel de xestión requerido.
Todos os nosos plans teñen un prezo fixo e de pago único, correspondente ao proceso de instalación inicial.
Na web oficial de ALÓXAME tes toda a información da versión para albergues: xestión de camas e prazas, check-in en liña, channel manager e os plans de prezos.
Contratación en liña
Escolle o teu plan e os extras que necesites, completa os datos do teu aloxamento e paga en liña de forma segura. Nós encargámonos da alta e da posta en marcha.