Márketing Dixital

Solucións dixitais con retranca galega. Impulsamos o teu negocio dende Galicia ao mundo, mesturando creatividade, tecnoloxía e ese xeito noso de facer as cousas.

Axudámoste a destacar

Somos Díxome, un equipo multidisciplinar que crea, conecta e transforma. Dende a túa web ata a túa facturación, aquí facémolo todo máis sinxelo, máis claro e máis efectivo. Poñemos a tecnoloxía, o deseño e a estratexia ao servizo do teu proxecto para que medres sen complicacións.

Conectamos co que importa: os teus clientes.

Deseño Web

Creamos páxinas web que funcionan e lucen ben. Profesionais, modernas e pensadas para converter.

Tendas Online

Poñemos o teu escaparate na rede. Vende os teus produtos con estilo, seguridade e facilidade.

Redes Sociais

Xestionamos os teus perfís con contido relevante, creativo e coa túa voz. Porque ser visible non é o mesmo que estar presente.

Identidade corporativa

Dámoslle forma á túa marca. Nome, logo, cores, mensaxe… e moita personalidade.

Hosting, dominios e soporte técnico

Un lugar seguro para a túa web, o teu correo e a túa tranquilidade. Sempre ao teu carón.

SEO e posicionamento

Facemos que te atopen. Subimos postos nos buscadores sen fórmulas máxicas, só con bo traballo.

Publicidade online (Google Ads / Meta Ads)

Campañas que funcionan: orientadas, ben escritas e ben medidas. Porque cada clic conta.

Dixitalización empresarial (GesDix)

Facturación, clientes, stock e máis. Todo nun só sitio e ao teu ritmo. Benvido ao teu novo programa de xestión.

Por que deberías investir no márketing dixital?

Porque estar en internet non chega. Hai que estar ben, destacar, e sobre todo, vender. O márketing dixital axúdache a chegar á xente axeitada no momento perfecto, cunha mensaxe que non pase desapercibida.

Aquí non che imos contar milongas: funciona. E se o fas con cabeza (e un chisco de retranca), pode cambiar o rumbo do teu negocio.

Quen confía en nós, repite

Se algo temos claro, é que os negocios funcionan mellor cando hai confianza. E estas empresas (grandes, pequenas e con moito que contar) xa nos deixaron as chaves do seu proxecto. Nós puxemos o saber facer, e elas, a ilusión.

Traballar con nós é outra historia

Non somos unha axencia ao uso. Somos os que che collen o teléfono, che explican o que non entendes e fan que o online non dea medo. Aquí falamos claro, propoñemos solucións reais e acompañámoste paso a paso.

O teu proxecto é único, e nós tratámolo como tal. Nin fórmulas máxicas, nin copia-pega: márketing con sentido común, adaptado á túa realidade.

Facemos que a túa marca conte algo… e que a xente escoite