O Equipo

Somos os mesmos de sempre. Só que un pouco máis altos
En Díxome somos de verdade. Temos nomes, historias e fotos cos calcetíns ata os xeonllos. Aquí estamos, os que che atendemos, os que pensamos solucións e os que che resolvemos problemas. Sen poses nin filtros (ou case).
Galería de retratos
De pequenos a profesionais… seguimos igual de riquiños.

Durme pouco, pensa moito e escoita rock a todo volume. É o xefe, pero tamén o primeiro en chegar e o último en marchar. Ten unha visión para os negocios que mete medo… ou respecto, depende do día. Sempre parece que está noutra cousa, e probablemente é certo. Pero cando volve, trae unha idea de millóns. Literalmente.
XERARDO
Sempre cun sorriso e cun trazo afinado. É doce, amable e artista ata os ósos: igual che debuxa no iPad un cartel precioso que che organiza as redes sociais sen despeinarse. Tranquila pero constante, o seu estilo é tan coidado como as súas ilustracións. E si, tamén é quen de facer que un post de Instagram pareza unha obra de arte.
CARME
Calma, sentido común e bo humor. Ten esa cabeza fría que ordena o caos, e ese corazón creativo que fai que todo pareza doado. Sempre está, sempre responde, e sempre pensa no conxunto. Coas ideas claras e unha confianza tranquila, é o tipo de líder que inspira sen ruído. Por iso lle chamamos “o patrón”: porque cando el leva o rumbo, todo flúe.
JOSE
Ten un cerebro que parece sacado da NASA: todo o que toca, arránxao. Iso si, que ninguén lle pida orde nin previsión, porque vai un pouco ao seu xeito… e ao seu tempo. Pero tranquilos, que cando menos o esperas, aparece cunha solución brillante coma se nada. É como un mago: desorganizado, pero infalible.
LUCAS
Dulce pero seria, morena e metódica. Se algo está na súa mesa, é porque toca. Move papeis, facturas e enerxía coma quen fai origami: con precisión e sen queixa. Tranquila, firme e ordeada sen levantar a voz. Só pide café se vén con pincho de tortilla (ten criterio). O seu mozo pasou palabra… e os compañeiros falaron con coidado.
YARA
Se algo pasa en Díxome, Paula xa o sabía onte. É o noso GPS interno: orienta, resolve e responde sen despeinarse, como se tivera unha copia exacta da empresa na cabeza. Pero iso si… unha vez fóra da oficina, tropeza ata co aire. Dentro, é un oráculo; fóra, un pouco «terremoto».
PAULA
Co teléfono na man e palabra que non lle falta, Iria é a raíña da resolución exprés. Fala máis que un locutor de radio, pero sempre coas ideas claras e unha solución lista. E por moito que sopren ventos ou cambien os tempos… esa cadeira é súa, e de aí non a move ninguén.
IRI
É coma un postre de domingo: doce, organizada e sempre cun toque rosa pastel. Cree nos astros, pero máis aínda na eficiencia e nas cousas ben feitas. Todo no seu sitio, todo co seu tempo… e con boa enerxía, que os planetas mandan.
MARÍA
Responsable do bo rollo e da alegría (e tamén doutras cousas importantes, claro).
Cecilia é ese raio de sol que entra na oficina mesmo cando fóra está a chover. Sempre sorrinte, sempre disposta, sempre Dori: pode que lle falle a memoria ás veces, pero nunca o corazón. É a poli boa do equipo, esa voz de terciopelo que escollemos cando hai que dar unha noticia difícil. E sempre, sempre, coa empatía por diante.
CECILIA
A estratega incansable: precisión, carácter e moito xenio (do bo). Natalia é das que ve o problema antes de que apareza. Meticulosa, eficaz e con carácter dos que suman, soluciona marróns técnicos e, de paso, saca unha idea brillante que o cambia todo. Profesional ata nos post-its, sempre aporta unha chispa que rompe a tensión. E se algo sae mal… tranquila: ela xa tiña plan B (e C, e D).
NATALIA
A súa voz profunda chega antes ca el, e non fai falla estar na mesma sala para saber que está traballando. É dos que protestan moito, pero cumpren sempre. Fai maxia, si… pero á súa maneira: a lume manso e con tempo. E o mellor de todo: cando remata, todo encaixa como un crebacabezas ben feito.
LEO
Óliver é o señor do equilibrio. Desa xente que fai as cousas ben, sen ruído e con moita clase. Sempre tranquilo, sempre atento, transmite confianza con só estar. Escoita de verdade, traballa con precisión e nunca perde nada (nin os documentos importantes). Un compi top, mellor persoa, e deses que suman sen levantar a voz
OLIVER
O diplomático nórdico: equilibrio, coñecemento… e unha mochila sempre lista. Calmo, prudente e con alma de monxe zen, Jorge é o rei do “nin sí nin non”. Sempre ten un curso á vista e a mochila feita. Pode parecer despistado, pero cando entra en modo traballo, destaca pola súa precisión e coñecemento. Iso si, ás veces hai que ir buscándoo pola oficina…
JORGE
O míster sen equipo: voz potente, carácter forte e corazón de ouro (aínda que non o pareza). David non forma equipos, pero sábeos adestrar. É intenso, cabezón e ten voz de estadio. Gústalle discutir (mesmo consigo), pero sempre empuxa cara adiante. Resolve, motiva e move ao resto. E aínda que non o diga, nótase: preocúpalle o que fai. E moito.
David
É pequena pero matona: enerxía pura nun frasco compacto. O seu caos ten orde, o seu humor, referencias frikis, e o seu carácter, unha teima encantadora. Sempre atenta, resolutiva e disposta, é das que non paran ata que todo encaixa. En resumo: carácter, talento e eficiencia… todo nun só paquete.
TAMARA
A súa voz soa doce, pero non te fíes: ten máis retranca ca unha noite de trebón. Puntual coma un reloxo suízo e eficiente coma unha lavadora alemá, Fani é quen de facer tres cousas ao mesmo tempo… e todas ben. Se soa música na oficina, probablemente é culpa dela: é a nosa DJ oficial, e cando non está organizando tarefas, está poñendo ritmo aos nosos días.
FANI
Ten máis paciencia ca un santo e sempre está disposto a botar unha man, pero ollo, que se algo non lle parece ben… vai dicilo sen rodeos. Pausado, si, pero coma os bos caldos: traballa ao seu ritmo e sempre dá no cravo. É deses que che escoita, pensa, analiza… e cando fala, xa sabes que vén algo que paga a pena.
DIEGO
Dende que chegou, sentouse na mellor cadeira (non preguntes como). Sempre sorrinte e con libreta na man, organiza e crea como se tivese unha fonte secreta de ideas. É a mamá creativa do equipo: coida, anota e sorprende cunha nova proposta antes de que remates a frase. Se hai que poñerlle chispa a algo, di o seu nome… e prepárate.
IRIA
Programador de profesión e friki de vocación. Chega peiteado, marcha como se pasara un xefe final. O seu cabelo —coma o seu código— evoluciona a diario, nun ciclo que só el entende. Sempre cunha camiseta que fala por el, combina lóxica e retranca coma ninguén. Non saberás se está pensando ou debuggando mentalmente… pero ao final, todo funciona.
ALEXIS
Organizado, eficiente e máis novo que moitas das contrasinais da oficina. Ten ese aire de neno bo que sorrí mentres che borra a metade da axenda «por erro». A súa xuventude é inversamente proporcional á súa capacidade de xestión. Se parece que non rompe un prato… é porque xa o substituíu antes de que te decataras.
ADRIÁN
Fala pouco, pero o seu móbil conta máis da súa vida ca el mesmo: leva a foto da súa moza na funda e o nome cámbiaselle a diario —Brais, Braulio, Anselmo…— e el nin pestañea. Programa máis do que conversa (e iso xa é dicir moito), trae os seus propios periféricos e pica código como se nacese cun teclado nas mans. É dos máis novos, pero xa ten sitio fixo no comedor… e no deploy.
Brais
O benxamín con fame de mundo (e de saber). Acaba de chegar, pero xa deixou claro que ten iniciativa e ganas de aprender. Algo tímido (de momento), é educado, riquiño e sempre está disposto a botar unha man. Ten pinta de ser deses que en nada están corrixindo aos veteranos… con moito respecto, iso si. Promete, e moito.
JORGE QUIROGA

Listo, carismático e cun talento especial para estar onde hai movemento (traballo… ou festa). Se algo leva motor, rodas ou fai ruído, probablemente xa sabe como funciona. Currante de verdade, resolve antes de que acabes de explicar o problema. Iso si, tamén ten outra especialidade: molestar a Iria con constancia científica. Porque en Díxome a eficiencia mídese… e o bo humor tamén.
Dario

Programador con mente rápida e teclado aínda máis rápido. Espontáneo, curioso e sempre investigando algo novo, xa sexan criptomonedas, código ou o seguinte reto tecnolóxico.
Entre deploy e deploy, reparte o tempo entre o gym e algunha que outra festa. Porque segundo el, todo é cuestión de balance… incluso as liñas de código.
Fiz

Calmado, paciente e educado incluso cando a tecnoloxía decide facer das súas. Ten unha memoria que dá algo de medo: lembra detalles, datas e conversas que xa ti esqueceras.
Arxentino con manual completo: surf, asado, mate e esa tranquilidade que fai que todo pareza máis doado. Se hai un problema, el non se altera. Analiza, pensa… e o soluciona.
Sebas
Medramos, pero seguimos xogando coas ideas
A nosa historia continúa, pero sen perder a ilusión. Porque se algo temos claro, é que as mellores solucións nacen cando se pensa como un neno, pero se actúa como un profesional.

Non só medramos nós…
Porque crecer non é cousa dun só. As empresas que confían en Dixome tamén nos axudan a medrar. E nós, a elas. Aquí tedes unha mostra da familia que imos facendo no camiño.







