Publicidade online

Non esperes a que che atopen: aparece ti primeiro.

Imaxe de Publicidade online – Díxome Galicia

Se queres resultados rápidos, esta é a túa vía rápida

A publicidade online permite chegar ás persoas axeitadas no momento perfecto. Sen folletos, sen adiviñar. Só estratexia, datos e campañas que funcionan. Porque gastar cartos sen control é tirar o orzamento. E nós aquí vimos a afinar.

Icona de Publicidade online – Díxome Galicia

Que facemos por ti?

Publico E Obxetivos

Definición de obxectivos e público

Se non sabes a quen queres vender, mal imos. Axudámosche a definir ben o teu público.
Diseño

Deseño e configuración de campañas

Creamos campañas que venden: desde o texto ata os anuncios gráficos.
Ads

Google Ads e Meta Ads (Facebook e Instagram)

Escollémolo todo: onde, cando e como saes. Sen deixar nada ó azar.
Xestion Orzamento

Xestión de orzamento intelixente

Aproveitamos cada euro para sacar o máximo rendemento. Aquí non se despilfarra.
Seguimiento

Seguimento e optimización continua

Analizamos resultados, corriximos e melloramos cada semana. Porque parar é retroceder.

Google Ads: aparece xusto cando te necesitan

Imos ser claros: se alguén busca “avogado en Ourense” ou “mercar zapatillas galegas”, ti queres aparecer aí. O primeiro. E se é posible, sen competencia. En Díxome creamos campañas de Google Ads que non dan puntada sen fío: escollemos palabras clave, controlamos o orzamento e optimizamos cada anuncio para que sexa irresistible. Anuncios en busca, display, YouTube… o que faga falta para que Google teña claro quen manda.
Imaxe de Publicidade online – Díxome Galicia
Imaxe de Publicidade online – Díxome Galicia

Meta Ads: chega a quen non sabía que te necesitaba

Facebook e Instagram son a feira moderna. A xente entra a mirar, a distraerse… e se aparece algo que lles interesa, clican. E iso é o que facemos: anuncios que paran o dedo no scroll.

Con Meta Ads segmentamos por idade, gustos, zona… ata por se lles gustan os percebes ou as nécoras. Contido visual que conecta, texto que convence e campañas que fan medrar visitas, seguidores e vendas. Todo con retranca, se fai falta.

Coñece os nosos plans de Meta Ads

Plan básico

Ideal para comezar a anunciarte en Facebook e Instagram e chegar a novos clientes da túa zona.

€

59

/mes

30 días

*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 71,39 €/mes.

Plan pro

Para negocios que queren máis presenza e campañas constantes para captar contactos e vendas.

€

79

/mes

30 días

*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 95,59 €/mes.

Plan premium

A opción máis completa para manter campañas activas todo o mes e sacarlle o máximo partido ao orzamento.

€

99

/mes

30 días

*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 119,79 €/mes.

Ilustración de Inicio – Díxome Galicia

Listo para aparecer onde conta?

Contacto

Falamos? Cóntanos que necesitas

Déixanos os teus datos e respondémosche en menos de 24 horas laborables, sen compromiso.

Protexido por reCAPTCHA de Google: aplícanse a súa Política de privacidade e os seus Termos do servizo.