Redes sociais
Facemos que a túa marca fale, conecte e impacte

Falamos a túa lingua (e tamén a da túa clientela)
Nas redes sociais hai moito ruído, si. Todo o mundo fala, publica, compite por un anaquiño de atención. Pero a túa marca non está aquí para facer bulto: está para destacar.
En Díxome creamos estratexias que van máis alá do postureo. Poñemos foco no que che fai único para que conectes de verdade co teu público, emocionando, xerando confianza e impulsando a acción. Porque unha marca que comunica con personalidade, conecta. E unha que conecta, vende.

Non publicamos por publicar, planificamos
Coñecemos o teu público
Contido que atrapa
Redes activas, marca presente
Medimos e melloramos
Cada publicación ten un porque
Non subimos por subir. Creamos contido con intención, que conecta e que vende. Traballamos con estratexia, poñemos creatividade e buscamos resultados. Porque nas redes tamén hai que falar con xeito.
Estratexia
Creatividade
Resultados

Se non estás, non existes
Son o teu escaparate dixital, o teu altavoz e a ponte directa co teu público. Pero tamén son atención ao cliente, posicionamento de marca e unha ferramenta de venda potente. Se están ben traballadas, converten interaccións en confianza, e confianza en resultados. Nas mans axeitadas, poden ser un dos teus mellores investimentos.
Coñece os nosos plans plans de redes sociais
Configuración inicial
Plan redes sociais
O esencial para manter as túas redes activas.
Antes 299€
Agora 99€
Inclúe a posta en marcha completa da túa conta: configuración, optimización e deseño inicial.
*IVE non incluido.
Xestión profesional das redes sociais
Plan redes sociais
O esencial para manter as túas redes activas.
€
99
/mes
- 4 publicacións ao mes (posts segundo estratexia)
- Deseño gráfico personalizado para cada publicación
- Redacción de textos optimizados con chamadas á acción
- Uso de hashtags estratéxicos para aumentar o alcance
- Programación e publicación nas redes acordadas (Instagram, Facebook,...)
- Informe mensual con métricas de desempeño (alcance, engagement, crecemento,...)
*IVE non incluido.
Configura o teu plan a medida cos plans extra
Engade packs extra segundo as necesidades do teu negocio: máis publicacións, campañas publicitarias, vídeos, sesións de fotos…
Plan premium
€
199
/mes
- 10 publicacións extra ao mes
- Sesión de fotos e vídeo cada 3 meses
*IVE non incluido.
Chega máis lonxe cos nosos plans de Meta Ads
Quen confía, repite
Empresas reais, historias reais. Xestionamos redes para proxectos que non paran de medrar.
