Do pasado ao futuro, sen perder o acento

Tecnoloxía, comunicación e aforro para negocios que queren avanzar.

Do pasado ao futuro, sen perder o acento

Tecnoloxía, comunicación e aforro para negocios que queren avanzar.

Do pasado ao futuro, sen perder o acento

Tecnoloxía, comunicación e aforro para negocios que queren avanzar.

Solucións integrais
para empresas e persoas con xeito

Dende unha web profesional ata unha tarifa de luz que non che quite o sono. En Díxome unimos tecnoloxía, comunicación e servizos para facerche a vida máis doada.

Márketing Dixital

Creamos presenza e impacto online para que o teu negocio brille na rede: webs, redes, dixitalización, branding, publicidade e máis.

Telefonía

Tarifas adaptadas, atención personalizada e sen letra pequena. Para particulares e empresas.

Enerxía

Compara, aforra e descansa. Facémosche un estudo personalizado e buscamos a mellor opción.

Seguros

Todo baixo control: vida, fogar, coche, negocios. Ti escolles, nós buscamos.

Quen confía en nós, repite

Grazas a quen xa nos acompaña neste camiño.

Por que Díxome?

Falamos claro.

Pensamos en ti.

Resolvemos problemas.

E estamos aquí, preto.

Sabemos o que é comezar desde cero

Non deixamos a ninguén tirado. En Díxome non vendemos fume. Sabemos o que custa montar un negocio, buscar clientes, pagar facturas e, por riba, ter que entender palabras como «engagement» ou «tarifa indexada».

Por iso nacemos: para poñer a tecnoloxía, a comunicación e o sentido común ao servizo dos negocios de aquí. Xa sexa para mellorar a túa presenza online, aforrar na factura da luz ou atopar un seguro sen complicacións, estamos aquí para facelo doado.

Porque se algo temos claro, é que cando os negocios de aquí medran, medramos todos.

Confían en nós... e non é por casualidade

En Díxome tratamos aos clientes como a familia (da boa). Escoitamos, analizamos e propoñemos solucións realistas, adaptadas e rendibles. E se algo non o sabemos, dicímolo. Pero case sempre o sabemos. Cada proxecto que sae ben, é un orgullo. E cada cliente que nos recomenda, un premio.

Contáctanos e falamos
Tes algo en mente? Unha idea, unha factura cara ou unha web que nunca chega? Estamos para axudar.