Política de privacidade

Última actualización: 19 de outubro de 2026.

1. Responsable do tratamento

ResponsableDIXOMEDIXOME SLU (Díxome Galicia)
CIFB70446596
DomicilioLugar Camiños Chans, Núm. 139, Brens, 15270 Cee (A Coruña)
Datos rexistraisRexistro Mercantil da Coruña, Tomo 3544, Folio 79, Sección 8, Folla C-534142
Correo electrónicoinfo@dixome.com
Teléfono986 06 02 17

Non estamos obrigados a designar un delegado de protección de datos. Para calquera cuestión sobre os teus datos podes escribirnos a info@dixome.com.

2. Que datos tratamos, para que e con que base legal

a) Solicitudes de información e orzamentos (formularios de contacto, Alóxame e Kit Dixital, correo, teléfono ou WhatsApp).
Datos: nome, empresa ou razón social, NIF/CIF, correo, teléfono, sector e a información que nos envíes.
Finalidade: responder á túa solicitude e preparar un orzamento.
Base legal: o teu consentimento (art. 6.1.a RXPD) e, cando pides un orzamento, as medidas precontractuais solicitadas por ti (art. 6.1.b).
Conservación: ata 12 meses desde o último contacto se non chega a haber contratación.

b) Clientes: contratación, subscricións e facturación (tenda, ligazóns de pagamento e área «A miña conta»).
Datos: identificativos e de contacto, NIF/CIF, enderezo de facturación, servizos contratados, historial de pedidos e de pagamentos.
Finalidade: xestionar o contrato e as subscricións, prestar o servizo e o soporte, cobrar as renovacións, emitir facturas e atender reclamacións.
Base legal: execución do contrato (art. 6.1.b) e cumprimento de obrigas legais fiscais e contables (art. 6.1.c).
Conservación: mentres dure a relación contractual e, despois, durante os prazos legais (con carácter xeral, 6 anos para a documentación mercantil e 4 anos para a tributaria).

c) Pagamentos con tarxeta. O pagamento realízase na pasarela segura de Redsys. Nós non vemos nin gardamos os datos completos da túa tarxeta; Redsys e a entidade bancaria gardan unha referencia (token) para poder cobrar as renovacións das subscricións que autorizaches.

d) Programa Kit Dixital e outras axudas. Se contratas a través dun programa de axudas, trataremos os datos necesarios para tramitalo e comunicarémolos ao organismo xestor (por exemplo, Red.es) na medida en que o esixan as bases do programa.
Base legal: execución do contrato e cumprimento de obrigas legais derivadas do programa (art. 6.1.b e 6.1.c).
Conservación: o tempo esixido polas bases da axuda e os prazos de control e auditoría.

e) Comunicacións comerciais. Se es cliente, poderemos enviarche información sobre servizos nosos similares aos contratados (art. 21.2 LSSI), con base no noso interese lexítimo. Se non es cliente, só o faremos se nolo autorizas expresamente. Podes darte de baixa en calquera momento escribindo a info@dixome.com ou desde a ligazón incluída en cada comunicación.

f) Estatísticas, seguridade e funcionamento da web.
Estatísticas propias (WP Statistics) sen cookies e con enderezo IP anonimizado, para coñecer o uso da web (interese lexítimo, art. 6.1.f).
Estatísticas de Metricool e o widget de opinións de Google (Trustindex): só se cargan se o aceptas no aviso de cookies (consentimento).
Rexistros de seguridade (accesos ao panel, intentos de inicio de sesión e cambios na web), para protexer a web e os datos (interese lexítimo). Consérvanse un máximo de 12 meses.
Google reCAPTCHA nos formularios, para evitar spam e abusos (interese lexítimo).
Máis información na Política de cookies.

g) Redes sociais. Se interactúas cos nosos perfís de Facebook, Instagram ou LinkedIn, trataremos os teus datos segundo as normas de cada rede social, para responder e xestionar a nosa presenza nela.

Os datos marcados como obrigatorios nos formularios son necesarios para atender a solicitude ou o contrato. Non tomamos decisións automatizadas nin elaboramos perfís con efectos xurídicos sobre ti.

3. Destinatarios e encargados do tratamento

Non vendemos os teus datos. Só os comunicamos cando é necesario:

  • Dinahosting, S.L. (España): aloxamento da web e servizo de correo electrónico.
  • Redsys Servicios de Procesamiento, S.L. e a nosa entidade bancaria: procesamento dos pagamentos.
  • Asesoría fiscal e contable: xestión da contabilidade e dos impostos.
  • Administración Tributaria, organismos xestores de axudas, xulgados e demais autoridades, cando exista unha obriga legal.
  • Metricool Software, S.L. (España): estatísticas, só se o aceptas.
  • Trustindex (Unión Europea): mostra das opinións de Google, só se o aceptas.
  • Google (reCAPTCHA e, se usas o tradutor da web, Google Translate) e Meta / WhatsApp (se nos escribes por WhatsApp).

Transferencias internacionais: algúns provedores (Google, Meta) poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo. Nestes casos, as transferencias amparanse no Marco de Privacidade de Datos UE–EE. UU. ou nas cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

4. Os teus dereitos

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como retirar o consentimento en calquera momento (sen que isto afecte aos tratamentos anteriores). Para facelo, escribe a info@dixome.com ou por correo postal ao enderezo indicado, co asunto «Protección de datos». Se é necesario, pedirémosche que acredites a túa identidade.

Se consideras que non atendemos correctamente os teus dereitos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

5. Menores de idade

Os nosos servizos diríxense a persoas maiores de idade e a empresas. Non recollemos conscientemente datos de menores de 14 anos; se detectamos que o fixemos, eliminarémolos.

6. Seguridade

Aplicamos medidas técnicas e organizativas adecuadas ao risco: conexión cifrada (HTTPS), control de accesos, copias de seguridade, actualizacións e rexistro da actividade, entre outras.

7. Cambios nesta política

Podemos actualizar esta política para adaptala a cambios legais ou nos nosos servizos. Publicaremos sempre a versión vixente nesta páxina coa súa data de actualización.