Nuevas ayudas para modernizar tu comercio en Galicia

Novas axudas para modernizar o teu comercio en Galicia

Dixitalización, web e redes sociais con ata un 80 % subvencionado

Se tes un pequeno comercio ou es autónomo/a en Galicia, esta nova convocatoria da Xunta pode interesarche (e moito). Falamos das axudas para o impulso da innovación e a sustentabilidade do comercio local (CO300C), unha liña pensada para axudar aos negocios a modernizarse, mellorar a súa presenza dixital e adaptarse ás novas formas de vender e comunicarse.

E o mellor de todo: a subvención pode cubrir ata o 80 % do investimento.

Subvención Galicia A quién va dirigida esta ayuda

A quen van dirixidas estas axudas?

Estas axudas están pensadas para pequenos negocios reais, dos de persiana subida todos os días. Poden solicitalas pemes e persoas autónomas con actividade en Galicia que teñan ata 10 persoas empregadas e desenvolvan a súa actividade nun establecemento comercial de ata 300 m² (agás algunhas excepcións, como as moblerías).

Tamén poden beneficiarse obradoiros artesanais, sempre que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Iso si, a actuación que se solicite debe ter relación directa coa actividade principal do negocio. Non se trata de “pedir por pedir”, senón de mellorar realmente o teu comercio.

Subvención Galicia tipos de proyectos pueden ser subvencionados

Que tipo de proxectos se poden subvencionar?

Aquí vén unha das partes máis interesantes da convocatoria, porque inclúe actuacións moi habituais e necesarias hoxe en día.

Por exemplo, a creación ou mellora dunha páxina web entra de cheo na axuda. Falamos de webs ben feitas, seguras, adaptadas a móbil, con certificado SSL, textos legais, xestor de cookies, analítica web e unha base mínima de SEO para que Google saiba que existes. Todo iso pode subvencionarse cun investimento máximo de 1.200 €.

Se ademais vendes (ou queres vender) por internet, tamén se inclúen tendas online, sempre que conten cun sistema de xestión de vendas, pasarela de pago e unha parte significativa do catálogo dispoñible en liña.

Outro punto forte da convocatoria é o posicionamento dixital. Accións de SEO, SEM ou publicidade online están subvencionadas ata un máximo de 2.500 €, o que permite traballar a visibilidade do negocio con certa marxe e estratexia.

E, por suposto, tamén entra a xestión profesional das redes sociais. A axuda contempla servizos que inclúan publicacións semanais, planificación de contidos, formatos variados (texto, imaxe, vídeo, stories…) e creación de contido de calidade que mellore a imaxe da empresa. Neste caso, o investimento máximo subvencionable é de 2.000 €.

Ademais, a convocatoria tamén recolle outras actuacións como software de xestión, TPV, ciberseguridade, click & collect, chatbots, aplicacións móbiles ou escaparates virtuais. En conxunto, a inversión máxima subvencionable dentro desta liña pode chegar ata os 18.750 €.

Canto subvenciona a Xunta?

A axuda cobre o 80 % do investimento, sempre que o proxecto teña un importe mínimo de 1.000 € (IVE excluído). Ademais, en determinados casos, é posible solicitar un pago anticipado do 50 % da subvención, algo especialmente interesante para pequenos negocios.

Subvención Galicia Fechas límite que no puedes perderte

Prazos que non podes perder de vista

As solicitudes poden presentarse dende o 16 de xaneiro de 2026 ás 9:00 h ata o 16 de febreiro de 2026 ás 20:00 h, ou ata que se esgoten os fondos.

Unha vez pechado o prazo, a Administración ten ata catro meses para resolver. Se non hai resposta nese tempo, o silencio administrativo é negativo (por iso é importante facelo todo ben dende o principio).

No caso de resultar beneficiario/a, o prazo para xustificar a axuda é de tres meses dende a notificación da concesión, cunha data límite fixada no 13 de novembro de 2026.

Como se presenta a solicitude?

A solicitude realízase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando certificado dixital ou a chave 365. Ademais da solicitude, será necesario presentar a documentación correspondente e, máis adiante, xustificar correctamente o investimento realizado.

Subvencións en Galicia para empresas e autónomos

E aquí entra Díxome

En Díxome levamos tempo acompañando a comercios e autónomos neste tipo de procesos. Axudámosche a:

  • Ver se o teu negocio cumpre os requisitos

  • Definir que actuacións encaixan mellor na axuda

  • Executar o proxecto (web, redes sociais, posicionamento, dixitalización…)

  • E deixar todo listo para unha xustificación sen sobresaltos

Falamos claro, sen letra pequena e con solucións adaptadas á realidade de cada negocio.

Se queres saber se estas axudas son para ti, fala con nós.

Ilustración de Inicio – Díxome Galicia
Contáctanos e falamos

¿Queres que o teu negocio aumente as súas vendas cada mes? Falamos de como conseguilo.