Publicidade online
Non esperes a que che atopen: aparece ti primeiro.
Se queres resultados rápidos, esta é a túa vía rápida
A publicidade online permite chegar ás persoas axeitadas no momento perfecto. Sen folletos, sen adiviñar. Só estratexia, datos e campañas que funcionan. Porque gastar cartos sen control é tirar o orzamento. E nós aquí vimos a afinar.
Que facemos por ti?
Definición de obxectivos e público
Deseño e configuración de campañas
Google Ads e Meta Ads (Facebook e Instagram)
Xestión de orzamento intelixente
Seguimento e optimización continua
Analizamos resultados, corriximos e melloramos cada semana. Porque parar é retroceder.
Google Ads: aparece xusto cando te necesitan
Meta Ads: chega a quen non sabía que te necesitaba
Facebook e Instagram son a feira moderna. A xente entra a mirar, a distraerse… e se aparece algo que lles interesa, clican. E iso é o que facemos: anuncios que paran o dedo no scroll.
Con Meta Ads segmentamos por idade, gustos, zona… ata por se lles gustan os percebes ou as nécoras. Contido visual que conecta, texto que convence e campañas que fan medrar visitas, seguidores e vendas. Todo con retranca, se fai falta.
Coñece os nosos plans de Meta Ads
Plan básico
Ideal para comezar a anunciarte en Facebook e Instagram e chegar a novos clientes da túa zona.
€
59
/mes
30 días
- Creación e xestión de 2 anuncios ao mes por red (Facebook e Instagram)
- Informes de resultados con métricas clave (impresións, clics, conversións, etc.)
- Asesoría estratéxica para optimizar o orzamento e maximizar o retorno da inversión
*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 71,39 €/mes.
Plan pro
Para negocios que queren máis presenza e campañas constantes para captar contactos e vendas.
€
79
/mes
30 días
- Creación e xestión de 3 anuncios ao mes por red (Facebook e Instagram)
- Informes de resultados con métricas clave (impresións, clics, conversións, etc.)
- Asesoría estratéxica para optimizar o orzamento e maximizar o retorno da inversión
*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 95,59 €/mes.
Plan premium
A opción máis completa para manter campañas activas todo o mes e sacarlle o máximo partido ao orzamento.
€
99
/mes
30 días
- Creación e xestión de 4 anuncios ao mes por red (Facebook e Instagram)
- Informes de resultados con métricas clave (impresións, clics, conversións, etc.)
- Asesoría estratéxica para optimizar o orzamento e maximizar o retorno da inversión
*Prezo sen IVE. Prezo final con IVE (21 %): 119,79 €/mes.