Esta política aplícase aos servizos, subscricións e dispositivos contratados en dixome.gal a DIXOMEDIXOME SLU (CIF B70446596), con domicilio en Lugar Camiños Chans, núm. 139, Brens, 15270 Cee (A Coruña). Para calquera consulta podes escribirnos a info@dixome.com.
1. Dereito de desistimento
Se contratas como persoa consumidora, dispós de 14 días naturais desde a contratación para desistir sen necesidade de xustificación, conforme ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 (Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios).
- Se solicitas expresamente que o servizo comece durante ese prazo e despois desistes, aboarase só a parte proporcional do servizo xa prestado.
- Non procede o desistimento cando o servizo foi executado na súa totalidade co teu consentimento expreso e co recoñecemento de que perdías ese dereito.
- Nos dispositivos físicos (por exemplo, a tablet GesDix), o prazo conta desde a súa recepción. O produto debe devolverse en perfecto estado e coa súa embalaxe orixinal; os custos de devolución corren pola túa conta, salvo que o produto sexa defectuoso.
Se contratas como empresa ou profesional, aplicaranse as condicións acordadas na túa proposta ou contrato.
2. Subscricións e plans de mantemento
- As subscricións poden ser indefinidas (renóvanse automaticamente na periodicidade contratada ata que as canceles) ou de duración determinada (por exemplo, 12 meses), que finalizan automaticamente ao seu remate. Os cobros fanse no mesmo medio de pagamento.
- Podes solicitar a cancelación en calquera momento antes da seguinte renovación desde A miña conta ou escribindo a info@dixome.com.
- A cancelación ten efecto ao finalizar o período xa aboado, ata o cal o servizo seguirá activo. Non se reembolsan os períodos xa iniciados, salvo erro de cobro ou incumprimento pola nosa parte.
3. Cobros erróneos ou duplicados
Se detectas un cobro duplicado ou un importe incorrecto, comunícanolo e reembolsaremos integramente a diferenza.
4. Como solicitar unha devolución ou un reembolso
Envía un correo a info@dixome.com indicando o teu nome, o número de pedido e o motivo da solicitude. Revisarémola e contestarémosche no menor prazo posible.
5. Prazo e medio de reembolso
Unha vez aceptada a solicitude, o reembolso realizarase no mesmo medio de pagamento empregado na compra no prazo máximo de 14 días naturais. Nos dispositivos físicos poderemos reter o reembolso ata recibir o produto devolto.
6. Garantía dos dispositivos
Os dispositivos físicos contan coa garantía legal establecida na normativa vixente. Se o produto presenta unha falta de conformidade, contacta connosco para a súa reparación, substitución ou, se procede, reembolso.
Esta política complementa os nosos Termos e condicións e a Política de privacidade.